Fascismo

05.06.2019

A diferenza das correntes conservadoras tradicionais, que rexeitaban o nacionalismo e o liberalismo, antiliberal, pero defendía un nacionalismo exacerbado e xenófobo. Ademais utilizaba métodos modernos de propaganda,interesábase pola tecnoloxía e desprezaba valores tradicionais como a relixión. 

0s seus principais trazos son:

Supremacía do partido e o líder. 0 Estado identifícase co partido, e este co líder. 0 partido é un movemento de masas que pretende representar popular mellor que democracia. As demais opcións políticas son perseguidas. 

Primacía do Estado. Rexeita os dereitos do individuo fronte ao Estado. Desaparece a noción de cidadan e de Estado de dereito.

 Racismo. A nación defínese segundo criterios raciais: os grupos que non os cumpren son excluídos e, incluso, exterminados 

Autarquía. Acepta o capitalismo, pero propugna un proteccionis mo extremo que tende á autarquía (autosuficiencia económica). 

Política exterior agresiva, Reclama o seu espazo vital e propugna a expansión da súa área de dominio á custa doutros pobos, aos somete e, ás veces, aniquila

 Corporativismo. Nega as diferenzas de classe e defende a intervención do Estado na vida laboral mediante a creación de corporacións que agrupen os empresarios e os traballadores nunha mesma organización.

Fascismo Italiano

.O primeiro réxime fascista instaurouse en Italia en 1922. Ainda que o pais participara na guerra do lado vencedores, os nacionalis tas estaban descontentos coas compensacións territoriais O fascis mo empuñou a bandeira da frustración colonial e do irredentismo é dicir, a reclamación de territorios fronteirizos que consideraba seus, como Trieste. 

Os fascistas servíronse da inquietude que espertaban as folgas e ocupacións de terras, e aproveitáronse do temor das clases acomodadas á Revolución Rusa. Para atacar o movemento obreiro, Benito Mussolini creou unha organización paramilitar que se transformaria no Partido Fascista. En 1922, tras unha violenta campaña de axitación, e a pesar do seu fracaso electoral, Mussolini organizou unha demostración de forza: a Marcha sobre Roma. 

0 Goberno dimitiu e o rei recorreu a Mussolini, que instaurou unha ditadura mediante a manipulación electoral e a eliminación da anosición. O réxime adquiriu trazos totalitarios:

  •  Mussolini proclamouse Duce, ou caudillo supremo Porén, manti- vo a monarquia, e emprendeu unha política de entendemento coa Igrexa católica que culminou cos Pactos de Letrán (1929). 
  • Adoptouse unha política exterior agresiva, destinada á conquista dun imperio en Africa e no Mediterráneo. 
  • Fundáronse sindicatos corporativos, e fomentáronse a agricultu- ra e o desenvolvemento industrial autárquico.

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar