O Crac de 1929

13.06.2019

Nada xustificaba esa subida espectacular da bolsa: as empresas non viran aumentados os seus beneficios nin tiñan previsións de crecemento. Cando algúns investidores se deron de conta da fraxilidade da burbulla, comezaron a vender para recuperar canto antes o seu capital. As vendas fixeron baixar as accións. Como moitos especuladores so querían ganancias rápidas e fáciles, os descensos impulsáronos a vender. Entón, o valor das accións afundiuse 0 28 de outubro de 1929, coñecido como o Xoves Negro, desatouse o panico na bolsa de Nova York. Nunhas horas perdéronse millóns de dólares. O luns e o martes seguintes continuaron as caídas, o que arrastrou a miles de persoas á ruina. Pero iso non era o peor: as empresas quebraban e centos de miles de traballadores atopábanse na rúa da noite á mañá. E nuns poucos me- ses, os afectados eran millóns: o soño da prosperidade sen limites acabara nun pesadelo.

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar