Stalinismo

13.06.2019
O triunfo de Stalin sobre todos os seus rivais dentro do partido deu comezo a un período durante o cal os trazos totalitarios do sistema Soviético, que xa estaban presentes na época de Lenin, se acentuaron enormemente: 
  • Culto á personalidade do líder. A efixie de Stalin converteuse en amnipresente, e rendíaselle unha adoración case relixiosa.
  •  Policía política. Estendeu moitísimo a súa rede de terror, espiona- xe e delación
  • Represion. Levouse a cabo a través dun sistema de campos de traballos forzados, denominado agora gulag que foi crecendo ata alcanzar vastas dimensións en canto á súa extensión xeográfica e ao número de persoas que foron deportadas a estas instalacións ou asasinadas 
  • A Gran Purga. Entre 1936 e 1938, Stalin desfíxose da vella garda do partido tras unha serie de Xuízos con acusacións inverosímiles e confesións forzadas 
  • Manipulación da historia. Por exemplo, retocáronse fotografías para facer desaparecer os personaxes purgados 
En 1928, Stalin decretou a fin da Nova Política Ecunómica (NEP) e a súa substitución por plans quinquenais, que tiñan como obxectivo industrialización acelerada, sen importar as cosecuencias sobre a poboación. As primeiras vítimas desta política foron os labregos. A colectivización forzada de tres quintas partes das explotacións agrícolas produciu unha fame de proporcións arrepiantes. Culpouse desta aos kulaks, ou campesiños acomodados, que foron exterminados siste maticamente Non obstante, os logros económicos foron innegables. Mentres os países capitalistas se afundían na Gran Depresión, a Unión Soviéti- ca crecía a un ritmo superiorao dez por cento anual, e convertiase nunha gran potencia industrial

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar